martes, 1 de noviembre de 1994

Cortegada

Arousa ten unha alfaia
deitada rente o manto añil
trátase dunha serea
mirando a vila de carril

Os maruxos a saudan
o bogar cara o viveiro
e o compas os remos cantan
o seu canto charrasqueiro

Ó leste ten moi preto
as duas illas de marfil,
Malveiras alguen lle puxo
dos habitantes de Carril

Cando Deus fixo o mundo
pintouna coma unha fada
o exlcusivo Edén chamado
gran illa de Cortegada


Marzo'95
Vigo